O Goberno aproba a suba do salario mínimo ata os 1.080 euros
O Goberno aproba a suba do salario mínimo ata os 1.080 euros
"Non é un dato máis", di a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, senón que "permite cambiar a vida da xente"
O Consello de Ministros aprobou este martes o real decreto coa suba do 8 % do salario mínimo interprofesional (SMI), ata situalo en 1.080 euros brutos en 14 pagas.
Segundo destacou a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na conferencia de prensa posterior á reunión consello, este incremento "non é un dato máis", senón que "permite cambiar a vida da xente".
"O Goberno de España está a cumprir cos seus compromisos (...), síntome moi orgullosa", engadiu.
A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou que con este incremento cúmprese co compromiso de levar o salario mínimo ata o 60 % do salario medio.
Tras máis dun mes de negociación e sen a participación da patronal CEOE, o presidente do Goberno anunciaba hai dúas semanas este incremento. Destacaba Pedro Sánchez que nos últimos cinco anos o salario mínimo subiu un 47 %, ou, o que é o mesmo, 344 euros mensuais desde os 736 euros de 2018.
A suba, que afecta uns 2,5 millóns de traballadores e terá efectos retroactivos desde o pasado 1 de xaneiro.
CCOO e a UXT reclamaban unha alza do 10 %, ata 1.100 euros, mentres que a ministra de Traballo, Yolanda Díaz, avogara pola banda alta do informe do comité de expertos, que expuxo unha alza para 2023 de entre o 4,6 % e o 8,2 %.
Pola súa banda, a CEOE optaba por un incremento do 4 % que ademais condicionaba a establecer un réxime de deducións para o sector agrario e a modificar a normativa de revisión de prezos nos contratos co sector público.
O ascenso sumará 568,32 millóns de euros aos ingresos por cotas da Seguridade Social, segundo as proxeccións recollidas na análise de impacto da norma.