Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno atribúe o bloqueo comercial de Alxeria ao aliñamento do país magrebí con Rusia

O Goberno atribúe o bloqueo comercial de Alxeria ao aliñamento do país magrebí con Rusia

A vicepresidenta Nadia Calviño confía en que Alxeria dea marcha atrás na súa decisión de suspender o tratado de amizade con España

O executivo español avisa a Alxeria de que a Unión Europea ten mecanismos para facer fronte á situación

Alxeria mantén o bloqueo bancario ás importacións e exportacións de España

G24.gal 13/06/2022 16:07 Última actualización 13/06/2022 16:22

O Goberno central mantén contacto coas empresas que teñen intercambios comerciais con Alxeria para constatar se hai normalidade nas transaccións, e advirte a este país de que, se se manteñen os obstáculos, a Unión Europea ten mecanismos para facer fronte a este tipo de situacións.

Así o indicaron fontes do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, despois de que a semana pasada Alxeria suspendera o Tratado de Amizade, Boa Veciñanza e Cooperación con España pola súa postura sobre o Sáhara Occidental; aínda que pouco despois a misión alxerina en Bruxelas negou que fóra a conxelar o comercio ou a subministración de gas.

A oficina comercial de España en Alxeria está en contacto coas empresas que teñen intercambios comerciais con este país e o seu obxectivo é "verificar se non hai normalidade nas transaccións tras o comunicado do representante de Alxeria na UE".

O sábado e o domingo non houbo operacións e na xornada deste luns está a verificarse as que poidan facerse, aínda que "pasou pouco tempo".

As mesmas fontes insisten en que, "se se verifica que persisten os obstáculos ao comercio con España e, por tanto, ao sector exterior europeo, a UE dispón dun amplo abanico de instrumentos para facer fronte ás medidas coercitivas de terceiros países".

Engaden que son "dous países amigos que respectan mutuamente a súa soberanía e a súa liberdade, e que teñen que resolver as súas diferenzas a través dun diálogo aberto e próximo".

Por iso insisten en, que tanto España como a UE, confían en que "a través do diálogo poida restablecerse rapidamente e de forma plena as relacións comerciais e de investimento bilaterais con Alxeria"

A vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, espera que Alxeria cambie a súa posición e dea marcha atrás na súa decisión de suspender o tratado de amizade con España.

Calviño asegurou que, nas últimas reunións internacionais ás que asistiu, xa viu que Alxeria "estaba cada vez máis aliñada con Rusia".

O importante para Calviño é responder con "unidade e determinación" e loou a resposta da Unión Europea no sentido de que España é un país da UE e, por tanto, a política comercial é común.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade