Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno británico liberará miles de presos pola saturación nos cárceres

O Goberno británico liberará miles de presos pola saturación nos cárceres

Os disturbios violentos causados por grupos de extrema dereita en agosto elevou o número de presos a 88.521 en Inglaterra e Gales, unha cifra récord

O plan do executivo laborista exclúe os condenados por delitos violentos, como agresións sexuais e violencia doméstica, e mais os retidos por actos de terrorismo

G24.gal 11/09/2024 11:43

Uns 1.750 prisioneiros serán liberados en Inglaterra e Gales antes de cumprir as súas condenas a fin de reducir o amoreamento nos cárceres, ao poñerse en marcha unha decisión do Goberno laborista de Keir Starmer.

O plan, anunciado polo laborismo tras a súa vitoria nas eleccións xerais do pasado 4 de xullo, exclúe os condenados por delitos violentos, como agresións sexuais e violencia doméstica, e tamén os retidos por actos de terrorismo.

O número de presos nos cárceres ingleses e galeses alcanzou a semana pasada 88.521 persoas, unha cifra récord que se viu incrementada tras o encarceramento de acusados polos disturbios violentos do pasado agosto por parte de grupos de extrema dereita en varias cidades británicas.

O inspector xefe de prisións, Charlie Taylor, indicou que o Goberno non tiña máis opción que facer algo respecto do amoreamento, porque a situación chegou a un punto límite, aínda que advertiu de que algúns dos liberados quedarían sen fogar, o cal podería aumentar as posibilidades de reincidir.

As organizacións benéficas advertiron que o programa de liberación anticipada só "gañará un pouco de tempo" e non brindará unha solución duradeira ante as actuais condicións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade