Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno convocará os supermercados para analizar os prezos dos alimentos

O Goberno convocará os supermercados para analizar os prezos dos alimentos

O Goberno insiste en que xa se notan os efectos da baixada do IVE dalgúns alimentos

Os carburantes, o téxtil e a alimentación elevan os prezos en xaneiro un 5,9 %

Pedro Sánchez e a ministra Calviño din que o IPC comeza a moderarse
G24.gal 15/02/2023 14:12

"Está baixando o prezo dos alimentos e tamén a interanual da inflación". De portas para fóra, o Goberno insiste en que a inflación comeza a controlarse. Díxoo o presidente do Goberno esta mañá na sesión de control no Congreso e reiterouno minutos despois a vicepresidenta económica, Nadia Calviño.

Pero, de portas para dentro, hai preocupación. E o Executivo move ficha. Convoca os supermercados para analizar que pasa cos prezos.  A rebaixa selectiva do IVE non está a ser dabondo para controlar a suba. 

Os datos que se coñecen hoxe reflicten que o prezo dos alimentos segue disparado por riba do 15 por cento. A cesta da compra afectada pola redución do IVE si baixou, pero o resto seguiu subindo.

Encareceu o arroz un 3,7 por cento, pero tamén a carne e o peixe fresco. A ministra Calviño defende que as medidas xa están a dar os seus froitos. Desde o PP aféanlle que viva fóra da realidade e lémbranlle "que os prezos seguen sen control coma seu Goberno que xa é un problema para España".

Diante desta escalada, as patronais do sector da distribución estudan pedirlle ao Goberno que amplíe o catálogo de alimentos con IVE rebaixado. Sobre todo na carne e no peixe. 

Nos despachos dos directivos saltaron as alarmas. Mércase un 11 por cento menos de produto e o gasto comeza a moderarse.

Pero no Goberno hai sensibilidades diferentes. En Podemos piden limitar o prezo dunha cesta da compra básica. Algo ao que os socialistas se negan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade