O Goberno cre que os datos da EPA confirman que se acelera a creación de emprego
O Goberno cre que os datos da EPA confirman que se acelera a creación de emprego
O PP non comparte o triunfalismo do Goberno e di que o 30 % dos mozos están en paro
O Goberno ve nos datos da EPA unha mostra de que o ritmo de creación de emprego se está acelerando. Son datos positivos, di a Ministra de Economía, para un trimestre especialmente difícil para o mercado de traballo.
"Se desestacionalizamos os datos vemos unha evolución favorable do desemprego nun contexto en que está medrando con forza a poboación activa".
Máis poboación en disposición de traballar, din como consecuencia dunha forte recuperación económica.
O Partido Popular non comparte o que cualifica como triunfalismo do Goberno.
"Temos o 30 % dos mozos en paro. Polo tanto, o triunfalismo sobre a situación económica do Goberno é estar afastado da realidade da rúa".
Os sindicatos sitúan os datos do mercado de traballo no bo camiño, pero cren que España conta aínda cun alto nivel de desemprego que é necesario baixar. E apuntan a que hai que seguir avanzando nas políticas de emprego.
Non comparten este optimismo os empresarios. Din que non hai alegría no mercado de traballo. E poñen como exemplo a situación dos autónomos: 40.000 menos que hai un ano, e esíxenlle ao Goberno medidas que lles permitan seguir mantendo a súa actividade.