O Goberno dá a coñecer este martes as causas da derruba do viaduto da A-6
O Goberno dá a coñecer este martes as causas da derruba do viaduto da A-6
O Ministerio de Transportes convoca aos gobernos de Galicia e Castela e León para analizar o cronograma de reconstrución
O Ministerio de Transportes comprometeuse a comunicarlles este martes á Xunta de Galicia e ao Goberno de Castela e León as causas do acontecido hai agora cinco meses e os plans que ten para a reconstrución desta infraestrutura básica nas comunicacións entre Galicia e a meseta.
Unha xuntanza á que os dous gobernos autonómicos acoden sen que o ministerio lles facilitara información técnica previa, segundo asegurou esta mañá a conselleira de Infraestruturas. Ethel Vázquez sinalou tamén que van esixir un desvío provisional que vaia pola N-VI e Pedrafita do Cebreiro, no canto do fixado polo ministerio, cun rodeo de 55 quilómetros por dúas provincias, estradas nevadas no inverno e pendentes case impracticables para os vehículos pesados, segundo denuncian algúns transportistas.