Aragón interésase pola ferramenta da Xunta que sincroniza con IA oferta e demanda de emprego
Aragón interésase pola ferramenta da Xunta que sincroniza con IA oferta e demanda de emprego
Tras un período de proba, EMI xa está dispoñible nas oficinas de emprego de Galicia
Xa se atopa á disposición dos orientadores laborais nas diferentes oficinas de emprego de Galicia. Tratase de EMI, unha nova ferramenta tecnolóxica que permite realizar un perfil máis completo dos demandantes de traballo e sincronizalo coas necesidades reais das empresas. Faino empregando a intelixencia artificial.
"Os orientadores seguen a ser necesarios, pero contan con esa ferramenta para perfilar as competencias. As empresas demandan máis competencias que unha formación concreta. A incorporación da Intelixencia artificial ponnos como exemplo en Europa do que necesitamos no emprego", explica Elena Rivo, conselleira de Promoción do Emprego en funcións.
Un exemplo que chamou a atención doutros gobernos autonómicos como Aragón.
"Ademais de ser pioneira, é unha experiencia de éxito. Só podemos valorar positivamente. Estimula os demandantes de emprego e a súa formación e recualificación mellora tamén a competitividade das empresas", di Mar Vaquero, conselleira de Economía, Emprego e Industria do Goberno de Aragón.
Tamén coñeceron o funcionamento dos polos de emprendemento, en que xa se atenderon arredor de 1.500 proxectos en toda Galicia.