Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno di que cumprirá o pactado con ERC tras a ameaza de poñer fin á lexislatura

O Goberno di que cumprirá o pactado con ERC tras a ameaza de poñer fin á lexislatura

Os independentistas responden ás declaracións de Montero negando que exista un concerto económico para Cataluña

G24.gal 22/08/2024 14:51

As declaracións da vicepresidenta do Goberno, en que negaba que se pactase un concerto económico como o de Euskadi ou Navarrra para Cataluña, volven reabrir o debate sobre o novo financiamento pactado con ERC. 

Esquerra Republicana responde. Di que se trata dunha cuestión semántica e lémbralle ao Goberno que ten que cumprir co pactado. De non ser así ameaza con poñerlle fin á lexislatura. "Se o PSOE non cumpre a súa palabra non apoiaremos o Goberno e Pedro Sánchez deberá convocar eleccións", responde Raquel Sans, de ERC.

O Goberno asegura que cumprirá co pactado: "Somos un Goberno que cumpre os acordos sobre toda cando benefician aos cidadáns de Cataluña e do resto de España", dixo a ministra de Igualdade, Ana Redondo.

Desde Junts acusan a Esquerra e o PSOE de conformar un Goberno para Cataluña desde o engano. E piden explicacións. "Se o PSOE non cumpre a súa palabra non apoiaremos o Goberno e Pedro Sánchez deberá convocar eleccións", asegura a voceira de Junts no Congreso, Miriam Nogueras. 

Para os populares todo responde a unha política da confusión. Din que as palabras da vicepresidenta só buscan negar a evidencia que é a compra dunha investidura coa igualdade de todos os españois. "Xogan á cerimonia da confusión ante o que é un expolio da igualdade dos españois entregando a chave da caixa aos independentistas para que poidan seguir no seu proxecto de independencia fiscal", di Cuca Gamarra.

A secretaria xeral do PP avanza que defenderán desde todas as frontes a igualdade dos españois.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade