Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso insta o Goberno a recoñecer a González Urrutia como presidente electo de Venezuela

O Congreso insta o Goberno a recoñecer a González Urrutia como presidente electo de Venezuela

O mandato saíu diante co apoio do PP, Vox, PNV Coalición Canaria, Unión do Pobo Navarro e o voto en contra do PSOE, Sumar e os demais socios do Goberno

Junts non participou na votación porque os seus deputados abandonaron o Congreso para asistir ás mobilizacións pola Diada e José Luis Ábalos, optou pola abstención, desmarcándose do seu antigo partido

Sánchez reclama "marxe de mediación" con Venezuela ante o recoñecemento do Congreso de González como presidente

Edmundo González Urrutia nunha foto de arquivo (Jeampier Arguinzones/dpa)
G24.gal 11/09/2024 15:03 Última actualización 11/09/2024 15:14

O pleno do Congreso aprobou este mércores unha proposición non de lei do PP coa que se insta o Goberno a recoñecer o candidato opositor Edmundo González Urrutia "como o lexítimo gañador" das eleccións presidenciais de pasado 28 de xullo en Venezuela e, por tanto, como "presidente electo e lexítimo" do país.

O mandato saíu diante co apoio do PP, Vox, PNV Coalición Canaria, Unión do Pobo Navarro e o voto en contra do PSOE, Sumar e os socios habituais do Goberno. Iso, si Junts non participou na votación porque os seus deputados abandonaron o Congreso para asistir ás mobilizacións pola Diada e o exministro socialista, José Luis Ábalos, optou pola abstención, desmarcándose do seu antigo partido.

O texto aprobado especifica que este "recoñecemento baséase na reiterada negativa das autoridades electorais venezolanas a publicar os resultados en tempo e forma, a publicación por parte da oposición do 83,5 % das actas verificables que demostran un categórico resultado electoral, e os pronunciamentos oficiais de institucións internacionais como o Centro Carter, Nacións Unidas, e o Alto Representante da UE para Asuntos Exteriores e Seguridade, o español Josep Borrell.

Sobre a situación política en Venezuela tamén se debateu na cámara galega. O Parlamento acordou pedirlle ao Goberno central que lidere ante a Unión Europea o recoñecemento de Edmundo González como lexítimo presidente. A proposta defendida polo grupo parlamentario popular só contou co apoio do Grupo Mixto.

O BNG votou en contra e o PSdeG abstívose. Tras o debate, o presidente da Xunta mantivo un encontro cos representantes da comunidade venezolana no exilio que seguiron a iniciativa dende a tribuna.

O Congreso esixe non só o recoñecemento de Edmundo González como presidente "lexítimo", senón que tamén insta o Executivo a liderar este recoñecemento nas institucións europeas e instancias internacionais, co obxectivo de asegurar que o 10 de xaneiro de 2025 tome posesión como presidente venezolano.

Tamén reclama que se esixa ao réxime de Maduro o cesamento "inmediato" da represión contra as protestas pacíficas e a liberación de todos os presos políticos.

A Cámara Baixa urxe a contribuír a reforzar as medidas de seguridade persoal dos dirixentes da oposición como María Corina Machado ou Edmundo González Urrutia ante as "ameazas pola súa loita en defensa da democracia" en Venezuela. Aos que piden tamén apoialos como os "únicos interlocutores lexítimos" nas negociacións para a transición democrática.

A nivel internacional, reclámase ao Executivo que lidere iniciativas para garantir que o voto dos venezolanos sexa respectado, e que se inicie un proceso de transición cara a un sistema de dereitos e liberdades baseado no recoñecemento dos resultados do 28 de xullo.

Tamén se esixe que se promova ante a Unión Europea a reinstauración das sancións aos dirixentes do réxime de Maduro que foron levantadas antes das eleccións como "presunto e de xeito evidente inútil" xesto de "boa vontade", e ampliar estas sancións, dirixíndoas especialmente aos intereses económicos dos "colaboradores da ditadura".

Finalmente, nos dous últimos puntos do texto, o Congreso reclama apoiar en primeiro lugar a comparecencia no Congreso da dirección do Centro Carter para que explique con detalle as conclusións dos seus informes sobre as eleccións venezolanas e en segundo lugar, apoiar todas aquelas iniciativas das forzas democráticas venezolanas e en especial, aquelas dirixidas a manter viva a mobilización en defensa do resultado electoral.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos