Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña estréase no Coliseum con vitoria contra o Porto

O Leyma Coruña estréase no Coliseum con vitoria contra o Porto

O partido tivo que ir á prórroga e acabouno gañando o cadro coruñés por 88-85

G24.gal 17/09/2024 22:07

O Leyma Coruña presentouse diante dos seus seareiros na nova pista do Coliseum cun triunfo sobre o Porto (88-85). O partido tivo que decidirse nunha prórroga logo de que os corenta minutos acabasen con empate (73-73). 

Primeiro cuarto de anotación cativeira (14-9) e un primeiro tempo no que dominaron os de Epi (32-28), aínda que sen gozar de vantaxes importantes polos moitos erros no lanzamento. O cadro coruñés intentou dar un empurrón no terceiro cuarto, no que a vantaxe foi a preto dos dez puntos (56-48), pero no último período o Porto conseguiu meterse no partido e levar o encontro aos cinco minutos suplementarios. 

Aí o Leyma foi mellor e, con dúas triplas consecutivas a menos de dous minutos, conseguiu unha marxe que acabou mantendo grazas aos tiros libres. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade