Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Banco de España sobe o crecemento previsto para 2024 ao 2,8 % e baixa a inflación ao 2,9 %

O Banco de España sobe o crecemento previsto para 2024 ao 2,8 % e baixa a inflación ao 2,9 %

O Banco de España subiu medio punto a súa previsión de crecemento económico para 2024, do 2,3 ao 2,8 %, debido á revisión á alza do avance do PIB dos últimos trimestres e á positiva contribución das exportacións

A entidade mantén a taxa de paro prevista para 2024 no 11,5 % en 2024, mentres que a rebaixa ao 11 % en 2025 e 10,7 % en 2026

G24.gal 17/09/2024 13:10

O Banco de España subiu medio punto a súa previsión de crecemento económico para 2024, do 2,3 ao 2,8 %, debido á revisión á alza do avance do PIB dos últimos trimestres e á positiva contribución das exportacións, á vez que recortou unha décima a inflación media, ao 2,9 %.

O informe económico trimestral da entidade, publicado este martes, explica que a nova información estatística dispoñible de contabilidade nacional pesou 0,4 puntos porcentuais na revisión á alza do crecemento previsto para este ano, mentres que as mellores perspectivas sobre a evolución do sector exterior han contribuído cos 0,1 puntos restantes.

Respecto á demanda externa, detalla que o avance das exportacións turísticas freouse menos do esperado, mentres que as importacións foron "relativamente débiles" nos últimos trimestres pola menor dependencia enerxética do exterior.

Para o terceiro trimestre augura un avance económico do 0,6 %, dúas décimas menos que o rexistrado no segundo trimestre, polo menor dinamismo do emprego e o enfraquecemento da facturación das empresas, entre outros factores.

As novas proxeccións macroeconómicas do banco apuntan a unha moderación do crecemento nos dous próximos exercicios como consecuencia da menor achega do sector exterior ao PIB pola esperada desaceleración do turismo. 

A inflación moderarase ao 2,9 %

De acordo coa proxección do Banco de España, a inflación xeral moderarase ata o 2,9 % en 2024, o 2,1 % en 2025 e o 1,8 % en 2026, unha retardación que reflectiría, na súa maior parte, a diminución paulatina da inflación dos alimentos.

A mellora da produción agrícola tamén contribuirá a reducir as presións inflacionarias, aínda que a entidade lembra que en outubro se reverterá parcialmente a rebaixa do IVE a algúns alimentos e en xaneiro desaparecerá.

A inflación subxacente (sen enerxía nin alimentos non elaborados) seguirá moderándose ao longo deste ano e, en media, situarase no 2,8 % en 2024, o 2,2 % en 2025 e o 1,9 % en 2026, debido ao menor avance da demanda e dos custos de produción.

Con todo, a eliminación prevista dos descontos vixentes no transporte público, prevista para principios de 2025, meterá presión á alza a taxa de inflación subxacente o próximo exercicio.

A taxa de paro estancarase

A entidade mantén a taxa de paro prevista para 2024 no 11,5 % en 2024, mentres que a rebaixa ao 11 % en 2025 e 10,7 % en 2026, e sinala que a súa capacidade para diminuír vese limitada pola moderación proxectada para a creación de emprego e polo notable dinamismo previsto para a poboación activa -debido a uns fluxos de inmigración relativamente elevados-.

O Banco de España tamén insiste en que se debe ter en conta o contexto de envellecemento progresivo da poboación traballadora e a "deterioración" da capacidade do mercado laboral "para emparellar empresas e traballadores".

O déficit público pechará no 3,3 % do PIB en 2024 e baixará lixeiramente ata o 3,1 % en 2025 e o 3,2 % en 2026, mentres que a débeda pública volverá aumentar en 2026, ao 106,3 % do PIB nun contexto no que as novas regras fiscais obrigarán a un axuste orzamentario un axuste orzamentario de 0,5 puntos porcentuais do PIB ao ano, destaca a entidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade