Cargando resultados...
O Goberno di que se protexerán os produtos sensibles no acordo co Mercosur
O Goberno di que se protexerán os produtos sensibles no acordo co Mercosur
Liberalízanse en pequenas cantidades e de xeito progresivo
G24.gal
19/12/2024 14:32
O Goberno de España lanza unha mensaxe de tranquilidade aos produtores españois sobre o acordo de libre comercio co Mercosur. Apuntan que os produtos máis sensibles, como a carne, os produtos lácteos, o arroz ou mel, liberalízanse en pequenas cantidades e de xeito progresivo.
Por exemplo, ábrese a importación de arroz a unhas 60.000 toneladas, o que supón entre o 1 e o 2 % do consumo na Unión Europea.