Publicador de contidos
Publicador de contidos

A vaca máis produtora de España está nunha granxa familiar de Taboada

A vaca máis produtora de España está nunha granxa familiar de Taboada

Ten doce anos e ao longo da súa vida produciu 220.000 litros de leite 

Chámase Rocío e xa ten unha neta que mesmo pode superar as súas cifras

G24.gal 15/08/2024 14:44

Rocío desde logo non é unha vaca calquera. Tres recoñecementos leva recibidos ao longo da súa vida pola súa produción. Segundo Diego Novoa, membro da familia que explota esta gandeiría, Rocío non recibe un trato especial.

A clave radica na xenética, no manexo, e a alimentación. O acceso ao robot de muxido marca a diferencia. 

Cifras de récord e ollo porque esta vaca, que mesmo pode ser a máis produtiva de Europa, xa ten relevo: unha neta, Rociíto, que pode incluso superar as súas cifras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar