Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno insiste en que don Xoán Carlos debe render contas

O Goberno insiste en que don Xoán Carlos debe render contas

Dende o PSOE cren que debe dar "explicacións e desculpas"

Díaz cre que canto máis tarde, máis dano fará á Coroa

G24.gal 20/05/2022 14:55

O Goberno insiste en que se trata dunha visita particular e que respectan as decisións da Casa Real. Aínda así, dende o PSOE, o seu voceiro Felipe Sicilia considera que Xoán Carlos I ten que dar "explicacións do acontecido e desculpas".

Canto máis tarden esas explicacións, cren no executivo, máis dano se fai á Coroa. Para a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, "cada minuto que pasa sen dar explicacións non fai máis que ensanchar esa desconfianza cidadá que hai sobre as institucións".

No Partido Popular pechan filas co actual monarca. A presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, cre que é necesario "apoiar o labor e a figura de Filipe VI" e ao seu pai deséxalle "o mellor".

Pola súa parte, o deputado do BNG no Congreso solicitou a comparecencia de dous ministros: o do Interior e o da Presidencia. Fala o Bloque de "inxustificable alfombra vermella ao exxefe do Estado", e pide saber canto lle custa esta visita ao erario público.

En clave galega, tamén se pronunciou o deputado do PSdeG Pablo Arangüena. Nun chío, ínstao a manterse exiliado o resto da súa vida.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda lembra que Xoán Carlos I ten o dereito de desprazarse libremente por España.

Nesta xornada tamén escoitamos a opinión do líder de Comisións Obreiras. Para Unai Sordo, "que decida volver a un país que ten o 8,4% de inflación e onde hai millóns de persoas que non chegan a fin de mes, e non teña mellor ocorrencia que ir de regatas...paréceme unha mensaxe obscena"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade