Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xoán Carlos sae navegar para preparar a regata da fin de semana

Xoán Carlos sae navegar para preparar a regata da fin de semana

 Acompañado do seu amigo Pedro Campos realizou unha sesión de preparación no campo de regatas da ría de Pontevedra

EFE/Lavandeira Jr EFE/Lavandeira Jr
G24.gal 25/04/2025 13:02

Acompañado do seu amigo Pedro Campos, o rei Xoán Carlos subiu este venres ao Bribón, co que ten previsto participar esta fin de semana na segunda regata da liga Española da clase 6 metros, para realizar unha sesión de preparación no campo de regatas fixado na ría de Pontevedra.

Con gorra e vestimenta deportiva, o pai de Filipe VI chegou ao porto deportivo de Sanxenxo no vehículo de Campos pasadas as once da mañá. Despois, xa na auga, saudou un grupo de nenos que tamén saíra navegar a bordo do Talgo.

É a segunda vez que o rei emérito se deixa ver en público dende que chegou a Galicia, despois de que o pasado mércores acudise a unha famosa mariscaría do Grove, a cal adoita frecuentar cada vez que visita Sanxenxo. Esta é a súa primeira visita deste ano a España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade