Publicador de contidos
Publicador de contidos

Soledad Núñez, nova subgobernadora do Banco de España

Soledad Núñez, nova subgobernadora do Banco de España

Foi alto cargo durante o mandato de José Luis Rodríguez Zapatero e o PSOE xa propuxera o seu nomeanto para este cargo hai doce anos, pero fora rexeitado polo PP

Soledad Núñez, nova subgobernadora do Banco de España Soledad Núñez, nova subgobernadora do Banco de España
G24.gal 10/09/2024 12:36 Última actualización 10/09/2024 14:45

O Consello de Ministros nomeou subgobernadora do Banco de España a Soledad Núñez, que desde 2018 era membro do Consello de Goberno e da Comisión Executiva da entidade e que chegou a ser directora xeral do Tesouro e Política Financeira nos Executivos de José Luis Rodríguez Zapatero.

Núñez, nacida en Badaxoz en 1957, será a número dous do Banco de España baixo a dirección de José Luis Escrivá e substituirá no cargo a Margarita Delgado, cuxo mandato acaba hoxe. De feito, espérase que o nomeamento de Núñez se publique previsiblemente este mércores no BOE e que sexa efectivo desde entón. Ademais, este martes acordouse o nomeamento de Lucía Rodríguez e Jordi Pons como conselleiros, co que se completan as postos vacantes.

O Partido Popular rexeitou participar neste nomeamento ao entender que desta forma "branqueaban" a designación de Escrivá, que anteriormente exercera como ministro para a Transformación Dixital e da Función Pública, como novo gobernador do Banco de España.

A nova man dereita de Escrivá, que xa soara para a entidade noutras ocasións, foi entre 2005 e 2011 directora xeral do Tesouro e Política Financeira, coincidindo cos Gobernos do socialista José Luis Rodríguez Zapatero.

Ademais, entre 2004 e 2005 exerceu como directora xeral de Política Económica na Oficina Económica do Presidente do Goberno.

Durante ese tempo ademais, en razón do seu cargo, incorporouse aos consellos da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) e do Banco de España e foi vicepresidenta do Comité de Servizos Financeiros da Unión Europea e membro de distintos foros internacionais.

Soledad Núñez naceu o 4 de xaneiro de 1957 en Badaxoz. É licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade Complutense de Madrid, doutora en Ciencias Económicas e Empresariais pola mesma universidade e doutora en Economía pola Universidade de Minnesota (Estados Unidos).

Desde a súa incorporación como economista no Banco de España en 1987, traballou nas direccións xerais de Operacións, Mercados e Sistemas de Pagos e de Economía e Estatística. De 2015 a 2018, data do seu nomeamento como conselleira do Banco, traballou como asesora senior na dirección xeral de Estabilidade Financeira, Regulación e Supervisión.

Ao longo da súa traxectoria profesional foi tamén conselleira do Banco Madrid entre decembro de 2014 e marzo de 2015 e presidenta do Comité de Riscos do banco.

No ano 2012, o PSOE propuxo ao PP o nome de Soledad Núñez para o posto de subgobernadora do Banco de España, baixo o mandato de Luis María Linde. Non obstante, os populares non vían ben este nomeamento pola súa vinculación ao anterior Executivo e elixiuse a Fernando Restoy Lozano para ocupar o posto, que era vicepresidente da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade