Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno peruano declara o estado de emerxencia no país por 30 días

O Goberno peruano declara o estado de emerxencia no país por 30 días

Implica a suspensión dos dereitos de reunión, inviolabilidade do domicilio e liberdade de tránsito

Unha medida decretada tras os disturbios que deixaron sete vítimas nos últimos días

O Goberno avalía a posibilidade de declarar tamén un toque de queda

G24.gal 14/12/2022 19:08 Última actualización 14/12/2022 22:02

O Goberno peruano declarou este mércores o estado de emerxencia en todo o país durante 30 días, o que implica a suspensión dos dereitos de reunión, inviolabilidade do domicilio e liberdade de tránsito, mentres avalían a posibilidade de declarar un toque de queda.

"Apróbase o estado de emerxencia en todo o país debido aos feitos vandálicos e violentos, a toma de estradas e aeroportos, que comezan a estar controlados pola Policía Nacional e polas Forzas Armadas", dixo o ministro de Defensa, Alberto Otárola.

Unha medida decretada tras as manifestacións e os disturbios dos últimos días en diversos puntos do país e que deixaron sete vítimas entre os manifestantes e máis dun cento de policías feridos.

"Requírese unha resposta contundente e con autoridade por parte do Goberno e coa Policía Nacional do Perú mentendo o control da orde pública co apoio das Forzas Armadas", dixo o ministro.

Desde o Goberno sinalan que é o único xeito de asegurar o "libre tránsito e a paz para todos os cidadáns" coa necesaria protección das infraestruturas estratéxicas para garantir o benestar e a paz no país. Existe a posibilidade de decretar un toque de queda, pero aínda habería que definir o marco legal da norma.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade