O Constitucional avala agora utilizar o estado de alarma para restrinxir dereitos fundamentais
O Constitucional avala agora utilizar o estado de alarma para restrinxir dereitos fundamentais
Corrixe así a doutrina que implantou durante a pandemia
O cambio prodúcese aproveitando o estudo dun recurso presentado conta a Lei de Saúde de Galicia
O Tribunal Constitucional corrixiu a doutrina que implantou na pandemia da COVID-19 nunha sentenza en que avala agora que as autoridades poidan restrinxir ou limitar dereitos fundamentais dos cidadáns sen necesidade de acudir ao estado de excepción, con mecanismos como o estado de alarma.
A corte de garantías cambia a doutrina que seguiu cando declarou nulo hai tres anos o estado de alarma decretado polo Goberno para combater a pandemia, ao considerar entón que medidas como o confinamento só estaban amparadas polo estado de excepción. Con todo, os maxistrados consideran agora na súa sentenza que o estado de alarma si que sería suficiente para poñer en marcha estas medidas.
A razón é que o estado de excepción está destinado unicamente para graves alteracións da orde pública e o de alarma para crises sanitarias ou catástrofes naturais, como a DINA que arrasou o Levante.
En contextos de crises sanitarias, considera o tribunal que o Estado pode restrinxir dereitos acudindo ao estado de alarma sempre que se faga con proporcionalidade, xa que o feito de esixir o estado de excepción limitaría as posibilidades de resposta do Estado en catástrofes naturais e crises sanitarias, engaden as fontes.
O tribunal volveuse pronunciar sobre esta cuestión ao examinar a constitucionalidade da Lei de Saúde de Galicia para contextos de crises sanitarias, na que anulou as "medidas restritivas" que impuxo esta norma por unha cuestión de forma: só pode facerse mediante lei orgánica.