Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno pon couto aos 'influencers'

O Goberno pon couto aos 'influencers'

Todos os creadores de contidos en plataformas dixitais que teñan máis de 2 millóns de seguidores terán que someterse ás normas e obrigas que impón a Lei xeral de comunicación audiovisual

G24.gal 12/12/2023 17:06

O Goberno controlará os contidos que publicitan os influencers, youtubers, tiktokers e todos os creadores de contidos en plataformas dixitais con máis de 2 millóns de seguidores. Todos eles se someterán ás normas e obrigas que impón a Lei xeral de comunicación audiovisual.

Son influencers porque o que pensan, opinan e comparten nas redes sociais son dogmas de fe para milleiros de seguidores. Entre as medidas que impón a Lei xeral de comunicación audiovisual está a prohibición da promoción de alcohol, xogos de azar e promover o rexeitamento á imaxe. 

"A min a noticia paréceme boa sempre que se controle a todos os que nos dedicamos a comunicar, tanto sexa en Internet, en prensa, radio e televisión. Tamén se debe controlar o acceso de menores ás redes sociais ou a Internet porque están expostos ás veces a cousas que non deben", comentaba Alberto Ribas, blogueiro de viaxes máis coñecido como @alvientooo.

O obxectivo é protexer os usuarios, especialmente os menores, polo que terán prohibida a publicidade encuberta ou inconsciente. Prohibido tamén promover ou fomentar o consumo de alcohol, tabaco, apostas e xogos de azar.

Esta nova norma afectará a todos os influencers que gañen máis de 500.000 euros e teñan máis de 2 millóns de seguidores.

"Eu valoro de xeito positivo a intrudución da norma. Creo que as persoas que traballamos dende redes sociais e temos acceso a un gran público temos que traballar dende a responsabilidade, porque moito do noso público é xente moi nova, xa sabemos as implicacións que teñen as redes sociais con vistas a autoimaxe, con vistas á autoestima. Baixo o meu criterio, isto tiña que ser unha norma que abarcase todos os creadores de contido, xa que somos importantes creadores de opinión e que menos, non, que trasladar a eses mozos e esas mozas un contido responsable, que lles faga ben e que os incite a tomar boas decisións", sinalaba Tamara Alonso, creadora de contido en @dedondesacolasproteinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade