Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno advírtelle a Feijóo que debe elixir entre "condonar" ou "condenar"

O Goberno advírtelle a Feijóo que debe elixir entre "condonar" ou "condenar"

Pilar Alegría cre que se o PP votase en contra de condonar a débeda das comunidades, suporía "votar en contra dos intereses das súas comunidades, dos intereses dos seus cidadáns"

As comunidades do PP rexeitarán mañá no Consello Política Fiscal e Financeira a proposta de quitación de débeda pactada entre o Goberno e ERC

Pilar Alegría, voceira do Goberno (Europa Press/Carlos Luján)
G24.gal 25/02/2025 13:46 Última actualización 25/02/2025 14:50

A portavoz do Goberno, Pilar Alegría, preguntou este martes ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, se "está por condonar a débeda ou condenar os cidadáns", en resposta ao rexeitamento das comunidades populares á proposta de condonación de 83.000 millóns de débeda autonómica.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a portavoz do Executivo pediu ao PP "responsabilidade" para non opoñerse a unha medida que insistiu en que favorece a "todas" as comunidades e da que se benefician os cidadáns, só "porque a propón o Goberno".

Alegría opinou que de Núñez Feijóo está a "escoitarse unha serie de escusas absolutamente peregrinas" para non apoiar a proposta de condonación de débeda do Goberno, e manifestou que un voto negativo do PP este mércores no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) resultaríalle "inexplicable" porque supoñería "votar en contra dos intereses das súas comunidades, dos intereses dos seus cidadáns".

Horas antes de que arranque este mércores o Consello de Política Fiscal e Financeira, as comunidades do PP prepáranse para plantarlle cara á proposta de condonación da débeda que saíu da Moncloa. Os seus presidentes autonómicos pechan filas con Genova e rexeitarán a proposta de Moncloa. Alberto Núñez Feijóo di que se trata dunha iniciativa que, primeiro, é unha "trampa" e segundo, é "inxusta" por que "non se condona nada, só se traspasa dun lugar a outro". Se saíse diante, o que debían os madrileños pasarían a pagalo todos os españois, explica, a modo de exemplo, o líder do PP. 

En Genova tiran de datos e sacan conclusións. Os baremos que se utilizan, din, priman a Andalucía, a comunidade que a ministra de Facenda aspira a recuperar para o PSOE, benefician a Cataluña e castigan unha das autonomías peor financiadas, Valencia.

Os criterios negociáronos entre o Goberno e Esquerrra. Oriol Junqueras saca peito con recado ás comunidades do PP incluído. Di o líder independentista que "é moito máis útil o que acordamos nós, que o que din os seus dirixentes". 

A proposta pasará este primeiro trámite. Pero outra cousa é que pase o filtro do Congreso. Compromis advirte que tal e como está non a vai apoiar. O Goberno quere ir paso a paso. Confía na súa capacidade de persuasión pero pídelle responsabilidade ao PP. E Yolanda Díaz defende a medida pero esixe condicións para as comunidades. Pide que se lles prohiba subir impostos á riqueza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade