Cargando resultados...
O Goberno prevé a creación de 150.000 empregos neste primeiro cuadrimestre
O Goberno prevé a creación de 150.000 empregos neste primeiro cuadrimestre
Din que a guerra en Ucraína non está tendo impacto no mercado laboral
G24.gal
15/04/2022 13:18
O Goberno prevé a creación de 150.000 empregos nos primeiros catro meses deste ano.
O ministro de Inclusión e Seguridade Social di que "está sendo un bo abril", igual que xa foi marzo. E cre que se o ritmo de afiliación se traslada ao conxunto do ano estariamos ante "cifras grandes" de creación de emprego.
José Luís Escrivá cre que a guerra de Ucraína non está afectando ao mercado laboral de xeito significativo. Aínda así asegura que están moi vixiantes.