Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno e Cataluña acordan financiar dúas novas desalgadoras para afrontar a seca

O Goberno e Cataluña acordan financiar dúas novas desalgadoras para afrontar a seca

As instalacións desalinizadoras de auga estarían dispoñibles en 2028

A curto prazo, barcos levarán auga desalgada a Cataluña desde o porto de Sagunto, en Valencia

G24.gal 05/02/2024 14:55

A vicepresidenta terceira do Goberno reuniuse este luns co conseller catalán de Acción Climática para buscar solucións ao problema da seca. O Estado financiará con fondos europeos dúas desalinizadoras en Xirona e Barcelona, que estarán operativas a partir de 2028.

E a partir de xuño, o Executivo asumirá o transporte de auga desalgada en buques cisterna dende Sagunto ao porto barcelonés.

Ribera explicou que esta infraestrutura é de propiedade estatal e está infrautilizada: "A solución tecnicamente máis sinxela e máis viable: a posibilidade de poñer a disposición da Generalitat o volume de agua que se xeraría na desalgadora de Sagunto se empeza a actuar a pleno rendemento. É unha auga que non compite con outros usos locais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos