Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno quere aprobar o PERTE para a descarbonización da industria este mesmo ano

O Goberno quere aprobar o PERTE para a descarbonización da industria este mesmo ano

A ministra Ribera anuncia que se amplía o radio para instalar placas fotovoltaicas para consumo comunitario

G24.gal 02/11/2022 20:32

O Goberno aposta polo autoconsumo como unha das opcións de aforro enerxético e amplía ata os dous quilómetros dos núcleos urbanos o radio en que se poderán instalar placas fotovoltaicas. Di a ministra Ribera que é unha demanda crecente dos consumidores. 

Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica, explica: "Os ritmos de instalación de autoconsumo duplícanse cada ano. Este ano imos instalar dez veces máis autoconsumo que o que atopamos en 2018".

O Partido Popular considera a medida "autobombo"

Guillermo Mariscal, deputado do PP, di: "Díganlles vostedes aos consumidores a verdade, que no autoconsumo tamén se aplica a excepción ibérica".

Teresa Ribera confirmou tamén que o Goberno está ultimando o PERTE para a descarbonización da industria, que se aprobará este mesmo ano. E pediu o máximo apoio das empresas que operan no sistema eléctrico para romper coa dependencia do carbón canto antes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade