Cargando resultados...
O Goberno rexeita máis axuda de Frontex ante a crise migratoria e ínstaa a despregarse en África
O Goberno rexeita máis axuda de Frontex ante a crise migratoria e ínstaa a despregarse en África
G24.gal
06/09/2024 14:30
O director de Frontex, a Axencia Europea de Garda de Fronteiras e Costas, cualifica de "moi preocupante" a situación que viven as Canarias, e mantén a súa oferta ao Goberno español para aumentar a cooperación na xestión da migración. Esta axencia ten agora mesmo 60 efectivos no arquipélago para o rexistro e control de migrantes.
Dende o Executivo din que estes medios son suficientes, e instan a Frontex a traballar nos países de orixe. "Xa se lle pediu, díxoo o ministro do Interior, que ten a competencia directa con Frontex: a efectividade maior resólvese nos países de tránsito e hai tamén funcionarios nas comunidades españolas", dixo o ministro de Política Territorial, o canario Ángel Víctor Torres.