Publicador de contidos
Publicador de contidos

O gol de Focareta garante a salvación do Coruxo

O gol de Focareta garante a salvación do Coruxo

Palomares adiantou o Bergantiños pouco antes do final, pero o gol do arxentino no 80' valeu o seu peso en ouro

G24.gal 07/05/2023 14:37

O Coruxo garantiu a permanencia unha temporada máis na 2ª RFEF logo do empate acadado no campo das Eiroas diante do Bergantiños (1-1). 

No primeiro tempo sucedéronse as ocasións para os dous equipos. O Coruxo estrelou dous remates contra os paus (Pitu e Al Watani) e o Bergantiños viu como se lle anulaba un gol (Tomé) e Sito Seoane perdoou unha opción clarísima. 

No segundo tempo baixou o ritmo ofensivo pero chegaron os goles. No 75' o lateral Palomares sorprendía a Alberto Domínguez e deixaba o Coruxo pendente da última xornada. Pero no 80' apareceu Focareta para marcar o empate. Un gol que garante a permanencia do Coruxo logo da secuencia de resultados dos seus rivais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos