Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Gran Camiño volverá descubrir as marabillas de Galicia

O Gran Camiño volverá descubrir as marabillas de Galicia

"Non hai mellor deporte que o ciclismo para promocionar o territorio", asegurou na presentación o organizador Ezequiel Mosquera

G24.gal 21/01/2023 21:10

O Gran Camiño conta as horas para o seu comezo. Será o vindeiro día 23 de febreiro cando os ciclistas se poñan na ruta desde a Muralla de Lugo. Lugo-Sarria será o percorrido desa primeira tirada. A segunda unirá Tui e A Guarda. Na terceira irán a Valdeorras, entre Esgos e Rubiá. A última será a contra o reloxo que vai desde O Milladoiro ata a Praza do Obradoiro. 

Xa confirmaron a súa presenza catro equipos Pro Tour: o Movistar, Astana, Cofidis e o mellor equipo do mundo, o Jumbo Visma que liderará Vindegaard, vixente campión do Tour de Francia.

Ezequiel Mosquera, organizador da proba, asegurou nun evento presentado polo presentador de deportes da Televisión de Galicia Terio Carrera que o ciclismo é o mellor deporte para "promocionar o territorio, e Galicia ten moitas marabillas que descubrir". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar