O Arousa reclamará a aliñación indebida do porteiro do Granada
O Arousa reclamará a aliñación indebida do porteiro do Granada
O porteiro Adri López, maior de 23 anos, pode xogar na Liga pero non podería facelo na Copa, unha competición non profesional
O Arousa confirmou que vai impugnar o partido
O resultado foi de 0-3, pero os granadinos só sentenciaron no minuto 88
O partido Arousa-Granada, pasara o que pasara no campo, ía quedar na memoria do público vilagarcían. Pero este partido parece que aínda vai ter máis percorrido, porque o cadro granadino puxo na aliñación o porteiro Adri López, maior de 23 anos, que pode xogar na Liga. Porén, na Copa, ao ser unha competición non profesional, segundo a regulamentación vixente, non se poden aliñar xogadores con ficha de filial maiores desa idade (ten 24 anos).
Así pois, o 0-3 do partido cos goles de Callejón (17'), Weissman (88') e Diedhiou (90') pode ter continuidade nos despachos dependendo do que aconteza nas vindeiras horas.
O que di o regulamento
No punto 3 da Disposición Xeral 11.ª di: "A aliñación de futbolistas en ningún caso poderá contravir o disposto na normativa específica da RFEF".
A normativa específica queda regulada no artigo 250 do Regulamento Xeral da RFEF e establece o seguinte no punto c: "Tratándose de futbolistas coa condición de porteiro, e unicamente nas competicións profesionais, poderán ser aliñados no primeiro equipo do patrocinador sempre que sexan menores de 25 anos, con independencia de que a súa licencia sexa de profesional ou non profesional".