O Groupama francés, primeiro equipo Pro Tour confirmado para O Gran Camiño

Será a primeira vez que este histórico equipo francés compita en terras galegas

G24.gal 02/11/2023 15:14

A edición de 2024 de O Gran Camiño comeza a coller forma. O primeiro equipo que confirmou a súa presenza é un Pro Tour; o Groupama FDJ francés, un dos históricos do pelotón mundial, estará por primeira vez na historia en terras galegas participando na volta por etapas que percorre o territorio galego. 

Como estrelas do cadro francés están Valentin Madouas, campión de Francia en ruta, o esprinter Arnadu Demare, o prometedor Romain Gregoire (20 anos), o suizo Stefan Kung ou os experimentados Thibaut Pineau e David Gaudu, con capacidade para pelexar unha carreira destas características. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar