Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos atende en Ourense 150 persoas

O Grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos atende en Ourense 150 persoas

O grupo atende de xeito gratuíto a quen o precise a calquera hora do día

G24.gal 20/06/2023 21:07 Última actualización 20/06/2023 21:49

O grupo 24 Horas de Alcohólicos Anónimos de Ourense cumpre xa 22 anos.

Atende a diario unhas 150 persoas, que nos vindeiros días acudirán a un acto aberto ao público. Fano celebrando unha xunta pública de información en que transmiten as súas vivencias relacionadas co alcol e a axuda que atopan para superalo a través do traballo que desenvolve esta asociación.

Din que é un camiño complicado que percorren cada día coa axuda e a comprensión doutros compañeiros. 

"Nunca vin o meu problema real co alcohol ata que empecei a vivir para beber practicamente, sen ser moi consciente do que facía. Eu culpaba moito as circunstancias, o que me tocaba vivir: bebo porque me separei, bebo porque estou só, e do que non me decataba era do problema que tiña".

E deste xeito o alcol foi acompañando a Mateo acotío durante 30 anos, ata que chegou aquí, a este grupo 24 Horas de Alcólicos Anónimos, onde deu con xente coma Ánxeles. 

"Foi unha das sorpresas que eu encontrei cando cheguei; atopei xente a que, coma a min, lle pasaba o mesmo: unha vez que empezaba a beber non podía parar".

O grupo atende de xeito gratuíto a calquera que o precise 24 horas ao día calquera día do ano. Aquí, din, sempre hai compañeiros dispostos a escoitar e compartir experiencias e a axudar nos momentos complicados.

"En Alcohólicos Anónimos deixas de beber porque non podes enganar outro alcohólico, porque coñece as maías, os trucos, o autoengano, coñece as miñas moitas formas de intentar deixar de beber sen logralo, as chantaxes e manipulacións á familia... Isto é un campo amplo".

O camiño, din, non é sinxelo, por iso a meta está sempre no presente, en ser quen de non beber alcol no día de hoxe. Mañá, din, será outro día e outro reto, ao mellor o día en que alguén decida por vez primeira pedir axuda. E non é pouco, porque o alcoholismo provoca 20.000 mortes cada ano en España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade