Publicador de contidos

Publicador de contidos

O grupo Wagner anuncia a toma de Bakhmut e Ucraína asegura que as súas tropas resisten

O grupo Wagner anuncia a toma de Bakhmut e Ucraína asegura que as súas tropas resisten

Os mercenarios afirman que prevén transferir o control da cidade ás forzas rusas o 25 de maio

"Bakhmut foi tomada por completo", conforme unha declaración do xefe de Wagner, Yevgeni Prigozhin

 

Yevgeni Prigozhin y algunos de sus mercenarios, en Bajmut Yevgeni Prigozhin y algunos de sus mercenarios, en Bajmut
G24.gal 20/05/2023 19:18

O Grupo Wagner, punta de lanza da ofensiva rusa no leste ucraíno, anunciou a toma de Bakhmut, algo que nega Ucraína mentres celebra a ampliación da coalición de F-16, á que se sumaron os  Estados Unidos.

"Hoxe ao mediodía tomamos na cidade de Bakhmut o último reduto do barrio Samoliot" no oeste da urbe, declarou o xefe do grupo paramilitar ruso, Ievgueni Prigozin, nun vídeo publicado na súa conta de Telegram.

Prigozhin, cunha bandeira rusa nas mans, e acompañado de varios combatentes, sinalou que "a operación para a toma de Bakhmut, durou 224 días" e tivo o obxectivo de desgastar o Exército ucraíno e "para darlle ao maltreito Exército ruso a oportunidade de recuperarse".

Ucraína desmente a toma de Bakhmut

Kíiv negou inmediatamente que as súas forzas abandonasen a cidade: a viceministra ucraína de Defensa, Hanna Malyar, afirmou que continúan "fortes combates", aínda que admitiu que "a situación é crítica".

"Con todo, as nosas forzas manteñen a defensa do barrio Samoliot" afirmou, ao sinalar que os defensores da cidade "controlan algunhas instalacións industriais e de infraestrutura nesta zona e no sector privado".

O voceiro do mando oriental das Forzas Armadas de Ucraína, Serhiy Cherevaty, foi máis categórico ao afirmar que "isto é mentira. As nosas unidades combaten en Bakhmut".

Nos últimos días a batalla de Bakhmut converteuse nunha especie de carreira en dúas frontes: mentres dentro da urbe as forzas de Wagner avanzaban cada vez máis ao oeste e tomaban paulatinamente os últimos barrios, as forzas ucraínas obrigaron a retirarse das súas posicións a varias unidades regulares rusas que debían manter os flancos da cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade