Cargando resultados...
O Guardés quere facer bos os 7 goles de vantaxe que logrou na ida ante o Hypo austríaco
O Guardés quere facer bos os 7 goles de vantaxe que logrou na ida ante o Hypo austríaco
G24.gal
22/10/2021 16:18
Cando un equipo gaña por 7 goles na ida dunha eliminatoria europea, a pregunta días despois é saber se existe o risco dun exceso de confianza cara ao partido de volta.
No Guardés-Hypo austríaco son favoritas as galegas. E se superan esta eliminatoria terán como vindeiro rival o Besançon francés. Claro que antes de planear esa dura viaxe a Francia cómpre confirmar o pase de rolda.
Será na Sangriña, onde o adestrador estes días fala de confianza e de posibles perigos. O partido será o domingo, televisado na G2.
🤾♀️ Balonmán europeo, partido de volta‼️
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) October 22, 2021
⚔️ @Atlguardes_ofic Vs Hypo 🇦🇹
📆 Domingo 24
⌚️ Ás 19:00 horas
📺 Na G2 e 📲💻 na Web da @crtvg pic.twitter.com/9Qj87JuEKU