O II Plan estratéxico da Cidade da Cultura vai investir 30 millones de euros nos vindeiros 6 anos
O II Plan estratéxico da Cidade da Cultura vai investir 30 millones de euros nos vindeiros 6 anos
A Xunta espera superar os 1,4 millóns de visitantes na Cidade da Cultura ata o 2027
Prevense 70 accións culturais no Gaiás e máis de 500 eventos por ano
Autoridades políticas e referentes do mundo da cultura participaron este sábado en Santiago na presentación do II Plan estratéxico da Cidade da Cultura, un plan que é "ambicioso e complexo", en palabras do conselleiro Román Rodríguez.
Entre os obxectivos, di, está o de converter o Gaiás nun "espazo de creación cultural e de contidos dixitais" "máis aberto e inclusivo".
Neste II Plan estratéxico prevense 70 accións culturais de aquí ao ano 2027 e máis de 500 eventos por ano na Cidade da Cultura. Para iso vanse mobilizar uns 30 millóns de euros e búscase chegar os 1.5 millóns de visitantes nos vindeiros seis anos.
Entre os obxectivos tamén está o de contribuír desde a Cidade da Cultura a unha perspectiva contemporánea do relato do Camiño de Santiago e incrementar o valor que o Gaiás achega a Galicia superando os 1.8 euros recuperados por cada euro investido.