Publicador de contidos
Publicador de contidos

O impacto dun raio causa danos en varias casas de Coirós

O impacto dun raio causa danos en varias casas de Coirós

A descarga eléctrica foi tan grande que levantou o chan

A descarga eléctrica levantou o chan
G24.gal 17/05/2022 16:23

A tormenta da fin de semana pasada deixou a súa pegada nunha urbanización de Coirós. Un raio tocou terra a poucos metros das casas e levantou as pedras do chan, que saíron disparadas cunha gran forza contra as vivendas.

O impacto do raio partiu unha árbore pola metade e a descarga eléctrica foi tan grande que levantou o solo. O estoupido fixo que as pedras saltaran polos aires a gran velocidade e alcanzaran varias vivendas dunha urbanización de Coirós que, curiosamente, se chama Pedrapartida.

Os restos aínda permanecen nos xardíns das casas. Nunha delas, unha das pedras atravesou a hamaca. E aínda tiveron sorte porque un dos seus inquilinos acababa de estar nese mesmo sitio uns minutos antes.

Os veciños da urbanización lembran que o ruído foi tan forte que pensaron que as casas se derrubaban.

Agora, recupéranse do susto mentres están pendentes da reparación dos danos materiais que causou a tormenta. Ao primeiro quedaron sen subministración eléctrica e aínda teñen que arranxar os electrodomésticos afectados, unha caldeira e a cuberta dunha das vivendas.

Na urbanización non entenden como puido pasar alí, porque moi preto hai dúas antenas con pararraios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade