Os veciños de Coirós claman contra un punto negro da N-VI
Os veciños de Coirós claman contra un punto negro da N-VI
Os veciños din estar intranquilos e nerviosos pola perigosidade á que se ven expostos
Reclaman melloras de seguridade viaria e a supresión do punto negro
O camión que envorcou este xoves circulaba en dirección Lugo pola N-VI, á altura da parroquia de Queirís, onde o límite de velocidade está establecido a 50 quilómetros por hora.
"A min dixéronme que o camión ía a 90 Km/h". "A 50 desde logo non ía. Por aquí ninguén respecta o límite de velocidade".
Desta volta, malia a aparatosidade do sinistro, os danos foron só materiais.
"Eu e o meu cuñado fomos ata alí e rompemos o parabrisas para poder sacar o camioneiro".
Porén, aquí mesmo xa se rexistraron numerosos accidentes. Algúns con vítimas mortais.
"A nosa nai morreu aí nun accidente". "Aí houbo moitos accidentes e xa morreu xente".
Intranquilos e nerviosos pola situación, esixen medidas urxentes.
"Reclamamos unhas bandas ou que pinten unhas liñas...". "Xa ían facer unha rotonda, pero ao final... Non sei se agardan a que haxa outro accidente grave".