Investigan un home con deterioración cognitiva que circulou 15 quilómetros en sentido contrario pola A-6
Investigan un home con deterioración cognitiva que circulou 15 quilómetros en sentido contrario pola A-6
Investigan un home con deterioración cognitiva que circulou 15 quilómetros en sentido contrario pola A-6
O condutor, de 61 anos, será proposto para un recoñecemento médico extraordinario para a valoración das súas condicións psicofísicas
O home enfróntanse a un delito de condución temeraria agravado
A Garda Civil da Coruña investiga un condutor que circulou en sentido contrario pola autovía A-6, entre os puntos quilométricos 548,900 e 564, que discorren entre os municipios coruñeses de Aranga e Coirós. En concreto, circulaba sentido Madrid polos carrís destinados ao tráfico sentido Arteixo.
Segundo informou o Instituto Armado, foi un garda civil do Subsector de Tráfico de Lugo que se atopaba fóra de servizo e que circulaba pola mesma vía quen deu a voz de alarma e activouse o protocolo existente para estas incidencias e foron alertadas as patrullas en servizo.
Así, tras 15 quilómetros circulando en sentido contrario, foi detido polos compoñentes dunha patrulla do destacamento de Tráfico da Coruña. A piques estivo de provocar un grave accidente tal e como lle contaba a TVG Antonio Cid, tenente da Garda Civil de Tráfico
Os axentes comprobaron ante as respostas dadas ás preguntas realizadas que o condutor e único ocupante do vehículo, un home de 61 anos, presentaba unha evidente deterioración cognitiva, polo que será proposto para un recoñecemento médico extraordinario para a valoración das súas condicións psicofísicas.
A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito de condución temeraria agravado, enfrontándose a penas de prisión de dous a cinco anos, multa de 12 a 24 meses e privación do dereito para conducir vehículos de motor ou ciclomotores de seis a 10 anos en caso de ser condenado.
Neste tramo da A-6 entre Aranga e Coirós xa se rexistraron dous accidentes con tres vitimas mortais causados por vehiculos que circulaban en sentido contrario. Tráfico descarta que se deba a unha mala sinalización.
Afortunadamente desta volta non houbo que lamentar vítimas.