O incendio en que morreron sete persoas en Niza, catro delas menores, puido ser provocado
O incendio en que morreron sete persoas en Niza, catro delas menores, puido ser provocado
O vicealcalde de Niza avanza que a policía ten imaxes de tres sospeitosos encapuchados uns intres antes de que se declarase o lume
O incendio que esta madrugada causou a morte de sete persoas, entre elas tres nenos, na cidade de Niza investígase como un acto provocado, anunciou o fiscal Damien Martinelli.
"A pista criminal está baixo consideración", declarou brevemente Martinelli xunto ao edificio sinistrado e engadiu que se iniciou unha investigación polo cargo de incendio voluntario causante de mortes.
O fiscal non detallou que indicios apuntan a unha autoría voluntaria, pero si que expertos do laboratorio da policía de Marsella van ir para realizar exames na escena do crime.
O vicealcalde de Niza, Anthony Borre, apuntou directamente ao narcotráfico como posible orixe do incendio, segundo dixo nunhas declaracións á emisora France Info. "Se se debe ao narcotráfico, como eu penso, cumprirá unha resposta forte e inédita do Estado", afirmou.
Na súa conta de X, Borre avanza que a policía ten imaxes de tres sospeitosos encapuchados uns intres antes de que se declarase o lume.
À cette heure, la piste criminelle est privilégiée. Nous avons des images qui montrent 3 individus cagoulés s'introduire dans le bâtiment juste avant les faits. Avec @cestrosi, nous demandons des moyens importants pour sécuriser le quartier face à des faits d'une telle barbarie. https://t.co/7GHSH2seup
— Anthony Borré (@anthony_borre) July 18, 2024
O incendio comezou cara ás 03:00 da madrugada no sétimo e último piso dun edificio de vivendas no barrio de Les Moulins, "un barrio que está traumatizado por este drama, que está moi preocupado polo narcotráfico", engadiu.
O sinistro foi "moi potente" e causou seis mortos no apartamento, entre eles tres nenos de 5, 7 e 10 anos. Ademais, dúas persoas guindáronse pola fiestra para fuxir das chamas; delas, unha faleceu, un mozo de 17 anos, e a outra está hospitalizada, detallou o vicealcalde.
"Os bombeiros fixeron un traballo admirable e salvaron decenas de habitantes" dos pisos altos do edificio grazas ás súas escaleiras longas, recapitulou.
Borre explicou que o barrio de Les Moulins é unha zona que estaba en renovación desde 2009, pero nos últimos dous anos instaláronse nela grupos de narcotráfico que usan mozos "como man de obra", e iso obrigou a empregar vixiantes de seguridade privada nalgúns edificios.
O alcalde da cidade, Christian Estrosi, falou por teléfono co ministro do Interior, Gérald Darmanin, a quen pediu "mobilizar as forzas de seguridade a fin de garantir a seguridade dos habitantes e evitar novos actos tras este drama", segundo dixo nunha mensaxe en X.
Je me suis entretenu avec @GDarmanin sur ce drame qui pourrait être d’origine criminelle. J’ai demandé au ministre de mobiliser les forces de sécurité pour assurer la sécurité des habitants et éviter de nouveaux actes après ce drame pour lequel la piste criminelle est privilégiée
— Christian Estrosi (@cestrosi) July 18, 2024
O ministro, pola súa banda, afirmou na mesma rede social: "A acción rápida dos bombeiros permitiu sen dúbida evitar numerosas vítimas. Os servizos policiais aclararán as circunstancias deste drama espantoso".
Cette nuit, à Nice, un incendie a fait sept morts dont 3 jeunes enfants. L’action rapide des sapeurs-pompiers a sans doute permis d’éviter de nombreuses victimes supplémentaires. Les services de police feront la lumière sur les circonstances de ce drame épouvantable @cestrosi
— Gérald DARMANIN (@GDarmanin) July 18, 2024
As autoridades montaron un dispositivo de axuda psicolóxica para os veciños, e mesmo os policías nacionais tamén están afectados polo que viron, indicou o vicealcalde.