Publicador de contidos

Publicador de contidos

O IRPF a debate, por Venancio Salcines

OPINIÓN

O IRPF a debate, por Venancio Salcines

Arquivo / Carlos Luján / Europa Press
G24.gal / Venancio Salcines 13/02/2025 08:36

O impacto fiscal que está a asumir o SMI mostra unha realidade por todos coñecida, pero pouco explicada, a clase traballadora é o principal soporte do Estado. E non só é así, senón que cando falamos de clase traballadora xa podemos englobar as rendas máis baixas. O relato, moitas veces contado, é que as clases máis febles do sistema quedaban fóra da voracidade fiscal, e agora móstrase como falso.

E aínda que isto sempre foi así, nunca o foi tanto como neste intre. A negación do goberno a deflatar a tábula de tipos do IRPF provocou que moitos salarios, impulsados pola inflación, saltasen de escala e, por tanto, pasasen a asumir unha maior presión fiscal.

O debate que se abriu coa presión fiscal sobre o SMI non é soamente un tema que afecte a esta escala salarial. E máis profundo e atinxe á propia escala do IRPF. Parece que non ten moito sentido que España cada vez vaia mellor, o Estado cada vez recade máis e os cidadáns cada vez paguen máis impostos sobre o seu traballo. Quen queda coa mellora?

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade