Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arredor de medio millón de traballadores terán que tributar polo salario mínimo interprofesional

Arredor de medio millón de traballadores terán que tributar polo salario mínimo interprofesional

A suba de 700 euros anuais terá unha carga fiscal de arredor de 700 euros

G24.gal 12/02/2025 15:06

A suba do salario mínimo interprofesional deixa a paga que perciben uns 2 millóns e medio de traballadores en España en 1.184 euros brutos mensuais. Son uns 50 euros máis cada mes que estarán suxeitos á correspondente retención do IRPF.

"A fiscalidade ten que ser progresiva pero é imprescindible para que repercuta nos que cobran o SMI en forma de servizos públicos", explica a vicepresidenta do Goberno e ministra de Facenda, María Jesús Montero. 

Segundo os cálculos de Facenda, o 80 % dos traballadores que perciben o salario mínimo seguirán sen ter retencións. O 20 % restante verá reducida a suba en máis dun 40 %. É dicir os 700 euros anuais terán unha carga fiscal de 300 euros.

 "Vai afectar principalmente a persoas solteiras que non teñen fillo ou familiares dependentes ao seu cargo porque non teñen deducións", afirma María Bastida, profesora de Empresa da USC.

A tributación entrará en vigor na próxima nómina e terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro para os traballadores que xa viñan percibindo o salario mínimo. O resto de asalariados dependen das negociacións colectivas en cada sector. Os empresarios apuntan á mellora da produtividade para recuperar poder adquisitivo.

"Tenos que achegarnos á media europea para poder chegar con máis facilidade a final de mes", asegura Josep Sánchez Llibre, presidente de Fomento do Traballo.

E din que os grandes datos da economía non están a mellorar a capacidade económica dos traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade