O Langreo aproveita a festa do Arenteiro para levar os puntos
O Langreo aproveita a festa do Arenteiro para levar os puntos
Un gol de Bayo permítelles aos asturianos manter o ritmo da loita pola salvación
A xornada comezaba no Espiñedo cunha nova celebración polo título de campión da segunda Federación acadado a semana pasada polo Arenteiro, que lle vai permitir xogar a temporada que vén na primeira Federación. Pero acabou coa segunda derrota da temporada do equipo ourensáns, as dúas na casa. Desta volta foi o Langreo o que levou o triunfo, e volveulle meter presión ao Ourense C. F. e ao Coruxo, dous dos equipos cos que loita para manter a categoría.
O equipo asturiano aproveitou unha das súas escasas oportunidades. Foi despois de que unha irregularidade do terreo impedise o seu primeiro gol logo dunha acción pola esquerda. Aos 69 minutos, outra acción desde a mesma banda era aproveitada por Bayo.
O Arenteiro buscou a igualada, pero esta non chegou. O Langreo festexou sobre o céspede un importante triunfo na loita pola permanencia.