O Langreo saca un empate de Carballo con tres goles nos últimos minutos (4-4)
O Langreo saca un empate de Carballo con tres goles nos últimos minutos (4-4)
O Bergantiños dominaba o marcador con claridade no minuto 82 cos goles de Pedrosa, Brunet, Remeseiro e Filgueira
De tolos foi o partido entre o Bergantiños e o Langreo. Os de Carballo, virtualmente descendidos, completaron un gran partido no que chegaron a ir mandando por 4-1 no minuto 82. O Langreo poñía en xogo a permanencia e precisaba puntuar.
A precipitación visitante medrou co gol de Pedrosa no primeiro minuto. Brunet marcou o segundo antes do minuto 20 e Chus Ruíz acurtou diferenzas aínda no primeiro tempo cun gol pantasma concedido polo asistente.
Na segunda metade o encontro semellaba sentenciado despois dos tantos de Remeseiro (penalti) e de Josiño Filgueira. Pero nos últimos dez minutos chegou a reacción do Langreo, que foi con todo ao ataque. Arzalluz anotou un dobrete e Luis Martínez conseguiu na última xogada do partido (minuto 94) o definitivo 4-4.