O letón Karlis Šilinš reforza o xogo interior do Leyma
Šilinš mide 2,11 e militou e procede do Estra Pistoia italiano
O Leyma Coruña incorpora a Karlis Šilinš (Riga, Letonia, 22 de xullo de 1997; 211 cm) para esta tempada 24-25. O pivote letón de 27 anos asina polo conxunto laranxa para reforzar a zona, achegando máis versatilidade interior nesta segunda fase da competición.
Šilinš sumou os seus primeiros minutos como profesional con só 17 anos nos Baróns da liga do seu país natal. Tras xogar trece partidos alí, cruzou alén do océano para sumarse aos Ole Miss Rebels da NCAA americana.
A pasada tempada disputouna defendendo as cores do BG Gottingen da liga alemá. Ata o momento da súa incorporación ao Leyma Coruña, Karlis Šilinš militou durante a tempada 24-25 no Estra Pistoia italiano, onde mediou 13.7 puntos e 5.9 rebotes por noite.
Trátase dun xogador alto, con capacidade de actuar tanto de 5 como de 4. Ten un gran xogo ao poste e destaca pola súa facilidade de movementos e axilidade, a pesar de superar o 2’10 de altura.
Ademais de ser capaz de producir na zona, tamén achega perigo desde a liña de tres, onde esta tempada o seu rexistro está por encima do 40 % de efectividade. A súa capacidade de abrir o campo, unida á fiabilidade na pintura, fanlle un xogador moi difícil de ler para as defensas rivais.