Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña perde o segundo partido e queda ás beiras da eliminación

O Leyma Coruña perde o segundo partido e queda ás beiras da eliminación

Guipúscoa volveu sorprender en Riazor e volveu gañar (62-71)

G24.gal 28/05/2023 19:55

O Leyma Coruña ten que facer unha fazaña para superar a eliminatoria contra o Guipúscoa. Perdeu o segundo partido xogado en Riazor (62-71) e precisa gañar os dous partidos que ten agora en terras vascas para forzar o quinto partido. 

De inicio a cousa non ía ben (6-10) pero os coruñeses melloraron no treito final do primeiro cuarto e puxéronse por diante. A máxima diferenza que tivo en todo o partido foi o 17-11 ao comezo do segundo período. Guipúscoa en ningún momento se foi do partido e as alternativas foron constantes ata o 30-32 co que se chegou ao descanso. 

O inicio do terceiro cuarto resultou pésimo para os intereses do Leyma (35-47) pero os de Epi conseguiron igualar o choque (51-51) xusto antes de comezar o último cuarto. No derradeiro Guipúscoa volveu a coller unha diferenza de 5-7 puntos que xa sería definitiva. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar