Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma machuca o Zaragoza da man de Taylor e Thompkins (110-86)

O Leyma machuca o Zaragoza da man de Taylor e Thompkins (110-86)

Os dous xogadores asociáronse no terceiro cuarto con 18 puntos para propiciar a fuxida do cadro coruñés

G24.gal 26/10/2024 22:21 Última actualización 26/10/2024 22:41

O Leyma Coruña pasoulle por riba ao Zaragoza (110-86) e conseguiu a segunda vitoria da temporada na ACB. Foi un recital ofensivo dos de Diego Epifanio con dous xogadores que brillaron, Taylor e Thompkins. 

O primeiro cuarto estivo parello. O equipo visitante chegou a ter cinco puntos de vantaxe pero acabou con empate a 24. No segundo o equipo coruñés comezou a ver a canastra con moita facilidade. O Zaragoza aguantou aínda que a diferenza chegou a ser de nove puntos (51-42) grazas ás grandes porcentaxes de acerto no tiro. 

A sentencia do partido chegou no terceiro cuarto. Taylor e Thomkins estiveron estelares (18 puntos entre os dous) e o Leyma fuxiu no marcador ata chegar ao 82-60 co que rematou o período. O público quería máis e lanzou aos seus xogadores para que seguiran nese ritmo de acerto. Na ACB hai que atender a todos os detalles e a diferenza de puntos particular entre os equipos pode ser determinante. Ao final, 24 de vantaxe a prol dos de Epi para ledicia do Coliseo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos