O Liceo comeza a OK Liga cunha malleira sobre o Igualada (6-1)
O Liceo comeza a OK Liga cunha malleira sobre o Igualada (6-1)
Os coruñeses resarcíronse da derrota na final da Supercopa
Pablo Cancela volvía á casa e foi o máximo anotador con tres goles
O Liceo comezou a OK Liga con bo pé. Os de Juan Copa, que a semana pasada perderon na final da Supercopa contra o Barça, desfixéronse sen problemas do Igualada en Riazor, nun encontro que abriu axiña o seu capitán. Dava Torres anotaba o 1-0. Os cataláns só resistiron neste treito inicial, e foron quen de empatar por medio de Gerard Riba.
A partir de entón, o Liceo xa non lles deu opcións aos cataláns. Tombita volvía poñer con vantaxe aos locais antes do descanso. E, despois, completouse a goleada cun especial protagonismo para Pablo Cancela. O xogador volvía ao Liceo, e fíxoo con tres tantos no 6 a 1 final. Tamén marcou Sito Ricart, autor do quinto gol.
Comeza a OK Liga, e o Deportivo Liceo presenta as súas credenciais, como sempre, para aspirar a todo.