O Liceo queda ás portas da final da Golden Cup
O Liceo queda ás portas da final da Golden Cup
Perdeu 3-4 contra o Benfica nunha vibrante semifinal
A final será Benfica-Barcelos e verémola na G2
Xa coñecemos o primeiro semifinalista da Golden Cup, e non vai ser o Liceo.
O Benfica acadou un traballado triunfo en Riazor grazas á ispiración de Pablo Álvarez, que axiña adiantou ao seu equipo, aos catro minutos. O Liceo tardou en entrar no partido, pero empatou logo dunha xogada colectiva que culminou Álex Rodríguez. Cando xa o encontro se encamiñaba ao descanso, Pablo Álvarez repetía cun golazo que desfacía o empate.
Á volta dos vestiarios, o Liceo empataba por medio de Marc Grau. Pero era o día de Pablo Álvarez, que adiantaba outra vez aos seus cunha falta directa. O tres a tres conseguiuno Álex Rodríguez. E aparecía unha vez máis Pablo Álvarez para meter o 3-4, que xa non se moveu malia aos intentos do Liceo.
O Benfica vaise enfrontar mañá ás 19:00 nunha final totalmente portuguesa co Barcelos, que acaba de eliminar o Spórting de Portugal na segunda semifinal por 2-1. Pero o partido quedou marcado por esta imaxe, o golpe coa bóla que levou Gonzalo Romero. Vivíronse momentos de angustia en Riazor, levárono en padiola e logo ao hospital.
O partido polo título poderán velo en directo a partir das 19:00 na nosa segunda canle.