O Lugo suma a súa cuarta derrota consecutiva no campionato (2-0)
Dúas xogadas a balón parado condenan os de Paulo Alves
O Lugo buscaba no Nou Esatdi volver a senda da vitoria despois de 4 partidos ligueiros sen coñecela. E comezaba moi ben para os lucenses. Penalti no minuto 5 que César Morgado sería o encargado de executar. O seu lanzamento foi detido por Varo. Pau para o Lugo, que aproveitou Pablo Fernández para volver tola a defensa lucense. O disparo do dianteiro visitante marchou tras ser derribado pola defensa. Alberto López tentouno cunha volea desde a frontal pero o lanzamento foi por riba da portería defendida por Varo. Ambos conxuntos gozaron de oportunidades para facerse co gol pero ningún soubo aproveitalas. Borja Martínez, para o Nástic, probou desde lonxe e Ledesma de cabeza para o Lugo. Ambas ocasións detidas polos gardametas sen complicacións. O Lugo aínda gozaría dunha xogada máis para facer o 0-1. Aranda recibiu un balón dentro da área pero marchou cerca do pau.
A segunda metade foi costa baixo para o Lugo. No 64', Ledesma abandonou o campo en padiola por unha lesión no xeonllo. Mala pinta. Co paso dos minutos, os locais comezaron a impoñer a súa lei. Mandando no encontro e con ocasións, aínda que ningunha clara. Como o Lugo, que probou sorte con disparos desviados. No 75' chegou o 1-0. Nun córner cerradiño, Tabuçao non foi quen de facerse co balón e no segundo pau Marc Fernández empurrou o balón. Noutro córner, no 84' chegou a polémica. O árbitro deu un gol canto menos dubidoso. O Lugo tentouno, pero a desesperación fíxose con eles. Pediron penalti nos últimos intres pero o colexiado non veu nada punible. Finalmente, un 2-0 que fai máis dano aos lucenses. Son 11º con 26 puntos encadeando a súa 4 derrota seguida na liga.