O Lugo apura as súas opcións de manterse na categoría diante do Málaga
O Lugo apura as súas opcións de manterse na categoría diante do Málaga
Se os albivermellos non gañan e si o fai o Rácing, consumarán o descenso
Íñigo Vélez restoulle dramatismo á situación na previa
O Lugo afronta a visita do Málaga nunha situación límite porque no caso de non gañar e de facelo o Rácing de Santander, confirmaría o seu descenso matemático á Primeira Federación. O técnico, sen embargo, tenta quitarlle transcendencia o partido.
"Non vivo con esa sensación. Cando chego aquí é unha situación complicada na cal vou o seguinte partido e é o que estou a facer durante estes seis partidos, tampouco son parvo, eu sei que situación cada vez se está a complicar máis".
Íñigo Vélez busca tranquilizar os seus xogadores para que dean a súa mellor versión e poidan lograr unha vitoria que se lles resiste desde o pasado 17 de decembro.
"É unha situación moi fodida que cando non gañas, achégaste máis a ese descenso. Nese aspecto hai que liberarse un pouco, facer un moi bo partido contra o Málaga e conseguir esa vitoria".
En posición de descenso se atopa tamén o Málaga aínda que dúas vitorias nos dous últimos partidos fixéronlle ver a luz neste túnel no que está metido.
"Ante estas adversidades estámonos a facer todos moito máis fortes, desde todos os estamentos, pero está claro que estamos o límite, co gancho, necesitamos cada semana unha vitoria", indica o técnico, Sergio Pellicer.
Na primeira volta os malacitanos acabaron pedindo a hora malia ir gañando por tres a cero no minuto noventa.