Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo destitúe a Paulo Alves e dálle o temón a Roberto Trashorras

O Lugo destitúe a Paulo Alves e dálle o temón a Roberto Trashorras

Despois dun comezo dubitativo con tres derrotas consecutivas, o equipo conseguira encadear unha serie de catro xornadas sen perder co portugués

Trashorras estaba a dirixir o Polvorín, ao que volvera no mes de novembro

G24.gal 19/02/2024 19:12

O Lugo comunicou o despedimento do adestrador portugués Paulo Alves. E fíxoo despois de gañar en Teruel e de que o equipo sumara dúas vitorias e dous empates nos últimos catro partidos en que comezaba a remontar o voo. 

O seu substituto será Roberto Trashorras. O de Rábade, cunha ampla experiencia no fútbol profesional e máis de 170 partidos en Primeira División, estaba a dirixir o Polvorín ao que regresara no mes de novembro despois do descenso que sufrira a temporada pasada desde a 2ª RFEF. Trashorras é un adestrador da confianza de Tino Saqués. Deulle a alternativa no equipo xuvenil e logo pasouno ao Polvorín cando o equipo subiu de categoría. 

Despois dun inicio dubitativo con tres derrotas ligueiras consecutivas (Celta Fortuna, Tarazona e Nàstic) Paulo Alves empezara a facerse do equipo a partir dese intre. A chegada de reforzos invernais como Fran Mérida ou Mario da Costa axudaron a consolidar un equipo que empezaba a apuntar cara arriba, pero aínda estaba lonxe dos obxectivos marcados ao comezo da temporada. O Lugo é noveno e está a sete puntos da fase de ascenso. Cando Alves substituiu a Munitis o equipo atopábase a só tres puntos desa fase de ascenso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar