Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Lugo lamenta a oportunidade estragada e perde a Bruno Pirri por lesión

O Lugo lamenta a oportunidade estragada e perde a Bruno Pirri por lesión

O venres afrontarán outra final no campo do Cartaxena, pero o polémico empate do Racing no minuto 98 complica máis aínda a situación clasificatoria

G24.gal 20/03/2023 22:23

Todo lle son adversidades ao Club Deportivo Lugo. O domingo sacou só un punto dun encontro que tiña gañado, e o gol do Racing non debeu subir ao marcador.

Era o minuto 94, e na acción anterior o colexiado non asubía un córner claro a prol do Lugo, porque Pombo foi o último en tocar o coiro. O árbitro e o asistente convérteno en saque de portería. No córner posterior, no minuto 97, marcou Germán para o Racing, e dous puntos foxen dun Lugo que segue sen gañar neste 2023.

O Lugo xogará este venres en Cartaxena, onde non estará Bruno Pirri. O central brasileiro lesionouse no partido contra o Racing, sofre unha rotura no tendón rotuliano da perna esquerda e perde o que queda de temporada. O xogador foi intervido este luns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade