O Lugo perde no Anxo Carro e queda eliminado da Copa Federación
O Lugo perde no Anxo Carro e queda eliminado da Copa Federación
Un gol de Leandro chegoulle ao Sestao para superar a eliminatoria
O partido entre o Lealtad e o Compostela foi suspendido polo colexiado ao non distinguir as liñas do campo
O Lugo quedou eliminado da Copa Federación, a vía pola que tentaba chegar á Copa do Rei e enfrontarse a un equipo da Primeira División. Tiña un rival duro, un Sestao co que comparte grupo na Primeira RFEF. Logo dun partido igualado e disputado o cadro vasco decidiu cun tanto de Leandro Martínez no minuto 55. O partido deixounos a anécdota da lesión dun dos asistentes, que foi substituído polo colexiado galego Jesús López, que se atopaba no Anxo Carro.
O partido entre o Lealtad e o Compostela tiña que deixar o rival do Sestao na seguinte eliminatoria pero o partido foi suspendido polo colexiado no minuto 18 con empate sen goles. A chuvia e o estado do terreo de xogo espertaron as dúbidas do árbitro. Porén decidiu comezar o partido pero co paso dos minutos entendeu que as liñas do terreo de xogo non se vían con claridade e decidiu adiar o encontro.